28.12.10

Land Art. Andy Goldsworthy,

Tomamos como referente para analizar o tema 3 a este escultor británico que utiliza a natureza como material e espazo de traballo. A maior parte da súa obra foi realizada en lugares abertos en distintos países como Inglaterra, Noruega, Canadá, Xapón, Estados Unidos ou o Polo Norte. Dado que a súa obra, enmarcada dentro do movemento do Land Art, é efímera, as súas intervencións son fotografiadas ou filmadas para gardar rexistro das mesmas.

A diferenza da primeira xeración de artistas do Land-Art, como Michael Heizer ou Walter De Maria, as esculturas de Andy Goldsworthy (Cheshire, Inglaterra, 1956) non constitúen ningún tipo de agresión contra a paisaxe. Trátanse de intervencións mínimas, realizadas con materiais atopados no contorno natural e manipulados a través de accións simples coas ferramentas corporais do propio artista (mans, dentes, etc). A actividade escultórica de Goldsworthy ten bastante que ver con certa cotidianeidad nostálxica pre-industrial, a partir de paseos, encontros e sutís transformacións dun contorno natural apenas manipulado.
Traballa coa levedade, nas súas pezas vemos o movemento e cambios que vai mostrando co paso do tempo, ve todas as súas creacións como temporais, a súa materia son obxectos comúns na natureza, pero en realidade no transfondo traballa co vento, a luz, o tempo, onde máis que buscar a perfección do obxecto en sí, amósanos a enerxía e vida que teñen cada un deles.

Catálogo dixital: Aquí.

Vídeos: Aquí 1Aquí 2, Aquí 3.

Proxecto para unha escultura nun espazo público.

INTEGRACIÓN DO VOLUME NA NATUREZA.

Proxecto para unha escultura nun espazo público.

- O alumnado deberá realizar unha proposta sobre unha forma tridimensional para ser colocada en un espazo exterior mediante bosquexos, debuxos ou fotomontaxes e unha pequena maqueta. Deberase ter en conta os seguintes aspectos:  características do lugar de situación, entorno, contexto, interrelacións da forma e o espazo, comparativa sobre diferentes resultados.

- O espazo de intervención será a cuberta de entrada do Instituto. As medidas da superficie son 960 x 750 cm. Contando con unhas claraboias semiesféricas duns 90 cm. de diámetro  a uns 140 cm das esquinas.

- A proposta deberá estar correctamente escalada e proporcionada.
No taller hai unha maqueta en cartón do espazo concreto do centro a unha escala de 1/20. O espacio da cuberta a escala é de 48 x 38 cm.

Imaxes do terceiro exercicio

21.11.10

A obra de Jaume Plensa

O artista catalán Jaume Plensa representa un dos  mellores exemplos internacionais de "escultores públicos". TVE emitiu o pasado día 11 un interesante documental sobre a obra deste artista. No próximo traballo analizaremos a integración do volume na natureza, en concreto proxectaremos una escultura para un espazo público.
AQUÍ podedes ver o documental.

O bestiario de Leiro

"O bestiario de Francisco Leiro" de Javier Montero Pérez artigo publicado na Revista de Estudios Provinciais (Nº 19, 2003) da Deputación de Pontevedra.
Un documento en PDF para saber máis sobre a obra de Leiro. É interesante analizar a obra deste artista para o terceiro exercicio. ENLACE.